Benvidos

Xornada Mariñeira

A actividade realizarase en 3 días do mes de abril: 17, 23 e 24. Consistirá nunha excursión ao Grove e unha travesía pola Ría de Arousa a bordo da embarcación “Chasula”.

Pódense ver as condición completas neste ligazón.

Os colexios seleccionados para realizar a actividade desta “Xornada Mariñeira a bordo de O Chasula” son os seguintes:

         - 17 de abril: CEIP Frián-Teis. Vigo – Pontevedra.
         - 23 de abril: CEIP Eladia Mariño. Cabanas - A Coruña.
         - 24 de abril: CEP Altamira. Salceda de Caselas – Pontevedra.

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas.Benvidos

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se van repartir nos centros escolares no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada).

Os Arroases detectaron dende hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien.

Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles! Para iso póñense en contacto cun pescador, Luis, e cunha cociñeira, Dona Mariña.

Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os colexios.

O final da aventura ten lugar precisamente alí, nos colexios!

Ler máis

Sabrosas receitas de peixeSabrosas receitas de Peixe

Dende a sociedade galega estamos a percibir nos últimos tempos a diminución do consumo de peixe entre os nenos e nenas da nosa comunidade autónoma.

É por iso que a Xunta de Galicia, consciente desa realidade, deseña actuacións que buscan o establecemento de medidas que faciliten o coñecemento e consumo de produtos do mar, co dobre obxectivo de incidir e equilibrar as axudas alimenticias, fundamentalmente nas idades infantil e xuvenil, así como valorizar e fomentar os produtos da pesca de Galicia.

Ler máis