Aviso Legal

Os dereitos de propiedade intelectual deste portal e dos seus elementos engadidos son titulariedade da Xunta de Galicia, reservándose a facultade de efectuar modificacións e actualizacións sobre a información contida no portal en calquera momento e sen necesidade de previo aviso.

O uso non autorizado da información e demais elementos contidos neste portal, así como os prexuízos ocasionados nos dereitos de propiedade da Xunta de Galicia, dará lugar ao exercicio das accións que legalmente correspondan ao Instituto e, no seu caso, ás responsabilidades que se puidesen derivar.

O contido facilitado a través desta web emítese para efectos simplemente informativos.

A Consellería non se fai responsable dos danos e dos prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web.

Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.

Tanto o acceso ao portal como ao uso que poida facerse da información contida no mesmo son da exclusiva responsabilidade dos usuarios.

A Xunta de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión aos contidos dos enlaces a terceiros que poida conter o portal. Recoñece que os dereitos de propiedade intelectual e industrial das páxinas enlazadas perténcenlles aos seus respectivos autores e propietarios e, a petición de calquera deles, o enlace ou enlaces retiraranse de xeito inmediato.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal, e no resto da normativa de aplicación.