Os Arroases

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se van repartir nos centros escolares no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada). OsArroases detectaron dende hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien. Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles! Para iso póñense en contacto cun pescador, Luis, e cunha cociñeira, Dona Mariña. Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os colexios. O final da aventura ten lugar precisamente alí, nos colexios!