Unidades Didácticas

Estas unidades didácticas están deseñadas para ser utilizadas tras a visita ao centro escolar do programa.

Competencias básicas

  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e a preparación dos produtos do mar. Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora e expresión escrita.
  • Tratamento da información e competencia dixital. A través de descargas e enquisas de avaliación online.
  • Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte de saúde, e como recurso económico e social.
  • Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a súa creatividade e habilidades artísticas na representación Os Arroases.
  • Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán tomar decisións en relación co seu consumo.

Contidos curriculares

Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e máis directamente relacionada.

Contidos

  • Identificación e descrición de alimentos diarios necesarios. Análise de usos e costumes na alimentación diaria.
  • Valoración de aspectos que inflúen nunha vida saudable, a alimentación variada e equilibrada.
  • Identificación de animais e plantas do seu contorno.
  • Descubrimento e observación das manifestacións e do patrimonio cultural galego como mostra de diversidade e riqueza.
  • Recoñecemento de diferentes profesións evitando estereotipos sexistas.

Obxectivos

Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.

Unidade didáctica

 

Descargar unidade didáctica 1º ciclo primaria Descargar unidade didáctica 2º ciclo primariaDescargar unidade didáctica 3º ciclo primaria (1)Descargar unidade didáctica: Os Arroases -  a súa primeira aventura Descargar unidade didáctica 3º ciclo primaria (2) - Cada un coa súa especie

Unidade didáctica 1
Unidade didáctica 2
Unidade didáctica 3
Os Arroases: A súa primeira aventura
Unidade didáctica 3 primaria
O peirao virtual
Descarga esta fantástica ferramenta interactiva que che permitirá, mentres xogas descubrir e coñecer os segredos dun peirao
O peirao virtual
 

Os Arroases: A súa primeira aventura

Descarga a primeira parte das aventuras dos Arroases. Un traveso tofiño poñerá os nosos amigos en dificultades...

Descargar (castellano) Descargar (galego)

Os arroases, a súa primeira aventura

Os Arroases: A súa segunda aventura, A distribución e venda de peixe

Descarga a continuación da aventura dous Arroases. Nesta ocasión deberán transportar un montón de caixas de peixe ata o seu destino final no mercado.

Descargar

Os arroases a súa segunda aventura